Tema 1 - Actividades



Ciencia básica - Qué es, definición y concepto | 2021 | Economipedia


Actividades tema 1

1. Define os seguintes conceptos:

 a. Hipótese: é unha suposición para explicar un problema que xorde ao tratar de explicar un fenómeno e que se debe verificar por medio da experimentación.

 b. Mostraé o nome que recibe un grupo de individuos seleccionados para representar a unha poboación, especialmente cando é demasiado grande para ser estudado na súa totalidade.

 c. Modelo: é unha representación abstracta de fenómenos ou procesos co fin de analizar e explicar eses fenómenos ou procesos.

 d. Lei científica:  é unha hipótese de carácter xeral que foi comprobada mediante a experimentación.


2. Fai un esquema do método científico cos pasos correspondentes na súa orde correcta. 




3. Pon un exemplo de pseudociencia. Por que a consideras unha pseudociencia? 
    
Un exemplo de pseudociencia é a astroloxía que é un sistema de crenzas que pretende predicir o futuro ou as características dun individuo mediante cálculos relacionados coa posición dos planetas no momento do seu nacemento. Esto considerase unha pseudociencia porque é unha crenza que non se pode comprobar científicamente.


4. Por que é necesaria a investigación científica?
    
    A investigación científica e necesaria xa que nos permite coñecer mellor a realidade e dar respostas a preguntas pouco comúns. Tamén estimula o pensamento crítico, a creatividade e é a través dela que se  mellora o proceso de aprendizaxe, adquirindo moitos coñecementos no proceso


5. Razoa a importancia do coñecemento científico na túa vida cotiá.

    Ter un coñecemento científico permitenos coñecer mellor o mundo no que vivimos e así tamén podemos entender os fenómenos que observamos e explicalos, de maneira que estamos mellor informados e somos máis cultos.


6. Cales son as diferenzas entre ciencias formais e ciencias empíricas?. Pon exemplos.

    Ciencias formais: son un conxunto de coñecementos racionais e ordenados, que estudan os fenómenos de maneira abstracta, non se poden probar na realidade.
    
    Ciencias empíricas: son as que verifican ou xustifican as súas hipóteses a través da percepción do mundo e a través dos sentidos, estas podense probar na realidade.


ENIGMÁTICAMENTE: Clasificación de Ciencia












Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares