Tema 5 - Actividades
1) Dado o ADN de secuencia CATACTGGCTGGTACCAACTGAGC, escribe:
a) A secuencia do ARNm que se obtén.
GUAUGACCGACCAUGGUUGUCUCG
b) A secuencia da cadea complementaria de ADN.
GTATGACCGACCATGGTTGACTCG
c) A secuencia de aminoácidos da proteína que codifica.
GUA UGA CCG ACC AUG GUU GUC UCG
d) Os anticodons dos ARNt que interveñen na síntese desta proteína.
CAU ACU
e) Por que se dice que o código xenético é universal?
Porque esto asegura que todos procedemos dun mesmo individuo e gracias a esto é posible asegurar a evolución e a teoría evolutiva.
f) Indica cantas copias idénticas deste fragmento de ADN obtemos si son amplificadas pola técnica PCR despois de: 10, 30 e 50 ciclos de replicación
2^10, 2^30, 2^50
g) En que son diferentes as moléculas de ADN de dúas persoas distintas?
Na súa secuencia xenética.
h) Cómo éposible que os organismos humanos teñan mais de 100 tipos celulares si todas as células teñen a mesma información xenética?
Teñen diferentes tipos pola diferenciación celular.
2) A obtención da pegada xenética baséase na existencia de marcadores xenéticos (curtas secuencias de nucleótidos que se repiten de forma distinta en cada persoa). O ADN de cada individuo pódese obter a partir de sangue, cabelo, saliva ou seme. Se a cantidade é moi pequena, pódese amplificar pola técnica PCR. O ADN córtase mediante encimas de restrición en fragmentos que conteñen estas repeticións para separalos posteriormente por electroforesis en xel (os fragmentos máis pequenos desprázanse máis cara ao ánodo). Do xel transfírense a unha membrana de nailon, onde se irradia con raios X. O revelado do soporte xera un patrón de bandas propio de cada individuo.
a) Para esclarecer un crimen, se han obtenido las huellas genéticas de la víctima (V) y del asesino desconocido (D) a partir de sendos restos de sangre. Por otra parte, tenemos las huellas genéticas de los sospechosos A, B y C. Identifica al asesinoA é o asasino.
Bebé A: Sm, Sp, Sm, Sp = familia Sánchez
Bebé B: Im, Ip, Ip, Im = familia Iglesias
Bebé C: Bp, Bp, Bm, Bp = Familia Benítez
d) No caso seguinte, catro irmáns solicitaron a exhumación dun cadáver que podía ser supostamente o do seu pai. Unha vez tomada a pegada xenética de todos os implicados (sendo a pista 3 a do cadáver), determina o resultado da proba.
1: 2o fragmento =3
2: 1o fragmento =3
4: 1o fragmento=3
5: 2o fragmento =3
todos comparten o 50% dos fragmentos dos pais.
e) Calcula o número de ciclos que se tiveron que realizar para obter as 1024 copias de cada unha das hebras do ADN necesarias para tomar a pegada xenética do cadáver.
10 ciclos
3) A diabetes de tipo I prodúcese pola incapacidade de producir insulina por parte das células pancreáticas do paciente. Unha técnica que se está ensaiando para curar definitivamente esta patoloxía como alternativa ás inxeccións periódicas desta hormona é a que se representa no seguinte esquema:
a) Escribe o nome da técnica utilizada:Técnica xenética "in vivo"
b) Asigna o número que aparece na imaxe a cada un dos procesos seguintes:
As celulas son modificadas Elimínase no laboratorio a información xenética do virus (vector) que permite a súa replicación 2 As células modificadas inxéctanse ao paciente 6 O xene funcional da insulina insírese no virus 2 As células extráense do paciente 1 O virus infecta as células eliminadas do paciente 3
c) Pódese utilizar esta técnica para reducir a tendencia á alza da incidencia da diabetes na poboación durante os últimos anos?
Si, sempre que esteamos a falar de diabetes tipo 1.
d) Por que se di que a enxeñaría xenética rompe o fluxo normal da transmisión dos xenes?
Porque eses xenes introducidos non proveñen de gametos.
e) Realiza unha valoración ética da aplicación desta técnica.
Podería axudar a moita xente.
4) Os organismos modificados xeneticamente (OMX) atópanse actualmente no centro dunha forte controversia. Os textos seguintes ilustran dúas posturas contrapostas (a favor ou en contra):
a) texto
b) texto
c) Explica que é a contaminación xenética e indica a influencia que pode ter sobre a biodiversidade dunha zona.
É a presenza de xenes nun lugar onde non deberían estar. Pode reducir a variación das especies.
d) A partir dos dous textos, resume as vantaxes e inconvenientes dos OMX:
Ventaxas: engadir características útiles que reducen o consumo de insecticidas e combustibles fósiles, aumentan a eficiencia do uso da auga e da terra, o que leva a unha mellora da calidade dos alimentos.
Desvantaxes: o método científico no que se basean aínda está en dúbida, ten consecuencias negativas para o medio ambiente, contaminación da terra, perda de biodiversidade.
e) Son os OMX unha solución ás fames negras que sofren algúns países?
Poden ser útiles para resolvelos xa que as súas características permiten unha gran produción
f) Documéntate e sinala as normas de etiquetaxe esixidas pola Unión Europea dos produtos que incorporan OMX.
A lexislación europea esixe a etiquetaxe de todos os alimentos que conteñan ou estean compostos por transxénicos para facilitar a libre elección do consumidor. Os produtos deben levar a indicación: "Este produto contén organismos modificados xeneticamente"
5) A clonación reprodutiva permite a recuperación de especies extintas, sempre que conservemos o ADN dalgunhas das súas células. É o caso do Bucardo pirenaico, desaparecido no ano 2.000, ou do mamut, extinto hai 10.000 anos, pero do que se extraeu o seu ADN completo grazas a que se atoparon individuos conxelados en Siberia.
a) De onde obteriamos os óvulos para incorporar o ADN das células somáticas destas especies extintas?
Habería que buscar un organismo que tivese condicións similares.
b) Explica brevemente o proceso de obtención dun mamut clonado coa técnica de transferencia nuclear.
Colleriamos unha célula somática do mamut que queremos clonar, extraeríamos un óvulo da femia doadora e retirariamos o núcleo. Substituímos o núcleo polo núcleo da célula somática, a célula creada desenvolveríase para crear un embrión, que sería introducido no útero dunha femia dunha especie similar, onde o embrión completa o seu desenvolvemento. O individuo obtido é o mesmo que o doador da célula somática.
c) A reintroducción do bucardo no ecosistema do que desapareceu hai menos de dúas décadas non debería expor excesivos problemas. Ocorrería o mesmo co caso dos mamuts?
O mamut non podería adaptarse plenamente ao mundo actual xa que leva moito tempo extinguido.
d) Na novela Parque Jurásico, escrita por Michael Crichton, exponse resucitar dinosauros a partir dun ADN extraído do aparello dixestivo dun insecto atrapado en ámbar, para despois liberalos nunha illa centroamericana. Valora a viabilidade real desta posibilidade.
Non creo que fose posible, pero tampouco creo que sexa necesario resucitar os dinosauros, nin creo que sexan capaces de adaptarse ás condicións do mundo actual.
5- O seguinte esquema expón unha vía alternativa á obtención de células nai embrionarias por clonación terapéutica:
a) Que vantaxe ten o método novo con respecto ao actual?
No novo método non se destrúe o embrión.
b) Por que a medicina rexenerativa baseada en células nai é unha prometedora alternativa aos transplantes de órganos e tecidos?
Porque as células nai son capaces de substituír as células que causan enfermidades nun órgano ou tecido sen ter que esperar a que un órgano sexa compatible co noso corpo.
c) Concreta como se aplicaría o uso de células nai nas seguintes situacións:
• Diabetes dependente da insulina: substituíndo as células que non producen insulina
• Fase inicial da enfermidade de Alzheimer: aplicar células nai no cerebro para tentar recompoñer as afectadas
• Lesión medular en accidente de tráfico: aplicando as células nai na medula para rexenerar o tecido.
d) En que consiste a reprogramación de células adultas? Explica as vantaxes de tipo ético que supoñen fronte ao uso de células nai embrionarias.
Unha das vantaxes é que non se destruen embrións no proceso.
e) Sinala as dificultades que ten que afrontar o medicamento regenerativa baseada en células nai para a súa completa implantación nas próximas décadas.
O problema é a procedencia das células nai, porque a xente non ve ético o cultivo de embrións para conseguir células nai.
6- A imaxe resume o procedemento de selección de embrións seguido no caso do primeiro neno nado en España para curar ao seu irmán con beta-talasemia (unha anemia moi grave). As células nai presentes no cordón umbilical do bebé (san e compatible) son trasplantadas ao seu irmán maior.
a) Que material biolóxico foi trasplantado neste caso?
Sangue de cordón umbilical.
b) Que diferenza hai entre este proceso e calquera outro proceso de reprodución asistida?
Que nisto se busca un embrión compatible para poder curar o seu irmán.
c) Por que o neno enfermo necesita dese irmán e non pode recibir o transplante doutra persoa?
Porque necesita unha persoa compatible con el.
d) Razoa por que é eticamente aceptable seleccionar o embrión neste caso e non noutros casos como elixir o sexo ou a cor dos ollos do bebé.
Porque neste caso úsase para axudar a curar un neno e non é unha tontería sen importancia como escoller o sexo ou a cor dos ollos








Comentarios
Publicar un comentario