Tema 1 - Traballo persoal


HISTORIA DA ELECTRICIDADE


Para a parte persoal deste tema vou falar da historia da electricidade e tamén mecionarei a diferentes persoas que foron clave na súa historia.

A electricidade é un dos mellores exemplos do progreso científico como obra colectiva. O uso moderno que se lle dá hoxe á electricidade é o resultado do traballo de diferentes investigadores ao longo dos anos.

Os primeiros contactos documentados coa electricidade ocorren na Antiga Grecia, cando no século V a.C. Tales de Mileto documentou a atracción que se producía ao fregar o ámbar cun pano. Máis tarde este fenómeno sería coñecido como electricidade estática. 

Comezando asi, a dar os primeiros pasos na evolución da electricidade e o magnetismo.

En 1600, Isabel I raíña de Inglaterra en aquel entonces, ordenou ao físico William Gilbert que investigase os imáns para perfeccionar os compases de navegación, un instrumento vital no século XVI. O seu traballo foi a base para o estudo do magnetismo.

Benjamin Franklin, demostrou no século XVIII a natureza eléctrica do raio mediante o experimento das cometas. Este descubrimento permitiulle comezar a utilizar a electricidade en aplicacións prácticas, o que lle permitirían inventar o pararraios.

Máis tarde, as investigacións de Alexander Volta no século XIX permitíronlle desenvolver un fluxo estable da electricidade facendo posible almacenala, e así foi como inventou as pilas electricas.

En 1820 realizáronse varios experimentos independentes por diferentes científicos que confirmaron a relación entre electricidade e magnetismo.

Hans Christian Oersted, descubriu accidentalmente que unha corrente eléctrica movía a agulla dun compás, isto provocou unha serie de experimentos, que deron como resultado o primeiro motor electromagnético e motor eléctrico.


E finalmente Thomas Edison, en 1879, conseguiu despois de moitos experimentos inventar unha bombilla que podía estar encendida 40 horas consecuitivas.



















































Comentarios

Entradas populares