Tema 2 - Resumo

 




HISTORIA DAS CIENCIAS XEOLOXICAS

As primeiras teorias xeoloxicas que existiron estaban influídas pola relixión, estas foron:

- NEPTUNISMO: esta teoria di que todas as rocas fórmanse por sedimentación a partir dos mares primitivos, excepto as rocas volcánicas.
- CATASTROFISMO: esta teroia di que as formacións xeolóxicas e os fósiles fórmanse por catástrofes súbitas e violentas, como o diluvio universal.

As que se opuxeron a forma de pensar da relixión foron:

- PLUTONISMO: esta teoria di que as rocas se formaban por arrefriado do magma que viña do interior da Terra.
- UNIFORMISMO: esta teoria di que as forzas naturais que actuaron no pasado son as mesmas que actúan hoxe en día, son os mesmos procesos xeolóxicos.


FORMACIÓN DO SISTEMA SOLAR E A TERRA

A formación do noso sistema solar explicase mediante a teoría da acrección, que di que os planetas formanse a partir de gas e po cósmico.



ESTRUCTURA INTERNA DA TERRA

A estructura do interior terrestre podese coñecer gracias as ondas sismicas. As ondas sismicas son as ondas que se xeran debido á propagación das vibracións xeradas por un sismo, e existen 3 tipos diferentes: 

- Ondas P: son as máis veloces, e son capaces de atravesar solidos e liquidos.
- Ondas S: son máis lentas, e so son capaces de atravesar solidos.
- Ondas superficiais: son as causantes das catástrofes.



MODELOS

Existen 2 tipos de modelos para interpretar o interior da Terra, o modelo xeodinamico e o modelo xeoquimico.



MOVEMENTO DAS PLACAS

As placas móvense debido ás correntes de convección do manto fundido, grazas á calor xerada desde o núcleo terrestre. 
Estas correntes fan que haxa zonas onde as placas chocan (zonas converxentes) e donde as placas se separan (zonas diverxentes). Según esta información podense distinguir 3 tipos de bordos entre placas:

Bordos diverxentes: son zonas onde dúas placas sepáranse. A greta que aparece entre elas vaise enchendo co magma fundido que flúe do manto creando nova litosfera oceanica.
Bordos converxentes: son zonas onde dúas placas colisionan e producese un proceso de subdución, onde a placa máis densa deslizase por debaixo da outra destruindo a litosfera.
Bordos transformantes: son bordos neutros porque nin crean nin destrúen litosfera oceánica, onde as placas deslízanse unha con respecto á outra, xerando actividade sísmica, pero sen vulcanismo.



DERVIA CONTINETAL

A teoria da deriva continental foi proposta por Wegener, a cal explicaba que as placas tectónicas moveronse sobre o manto ao longo da historia da Terra. Ainda que nunca puido explicar por que razón sucedia este movemento.
Pero ainda así el sostiña que en algún momento existira un supercontinente formado por todas as placas tectónicas, e para demostrar esto presentou 4 probas: probas xeográficas, probas xeolóxicas, probas paleoclimaticas e probas paleontolóxicas.















Comentarios

Entradas populares