Tema 2 - Traballo persoal

ANIMAIS QUE PREDICEN DESASTRES NATURAIS


Esta vez, como traballo persoal, vou a facer unha lista de 7 animais que de algunha maneira son capaces de predecir diferentes sucesos e porque.

Os terremotos non son o único suceso detectado por certos animais. Hai especies que poden chegar a predecir a chegada de choivas, inundacións, incendios ou tormentas. Os seus comportamentos podennos avisar da  chegada dun suceso ou catástrofe natural.


1º TIBURÓNS

Os tiburóns son especialmente sensibles aos cambios na presión da auga e na temperatura que preceden aos furacáns. Cando isto ocorre, agrúpanse e nadan cara á zona onde se produce un cambio brusco de temperatura, que é precisamente onde impactará o temporal. Porén a pesar deste comportamento de entrar na tormenta, baixan ao fondo dos océanos para poñerse a salvo.



2º ABELLAS

Ademais de producir mel, as abellas tamén son capaces de determinar cando vai chover captando a humidade do medio. Se se observa que unha zona onde había poboación de abellas carece agora destes insectos, é moi posible que en pouco tempo se produzca unha tormenta. 



3º GATOS

Os gatos poden sentir as catástrofes horas antes de que acontezan e intentan sair a un lugar que estea ao aire libre. Os gatos cambian o seu comportamento ante un terremoto ou unha erupción volcánica, xa que non só captan os sons, senón que tamén captan cambio na presión ambiental e na deformación do terreo.



4º ALBATROS

Estas aves mariñas son excelentes para detectar os cambios na presión atmosférica e da auga, logrando detectar cando se formará un furacán. Sentindo a importante caída da presión, os albatros voan buscando refuxio.



5º ELEFANTES

A súa capacidade para capturar infrasonos fai que lles sexa fácil escoitar calquera fractura. Ademais, a través das plantas das súas pernas poden captar os micro temblores que se producen antes dun terremoto xa que teñen unha gran sensación de vibración.



6º MARIQUITAS

Cando as mariquitas se agrupan, hai unha boa probabilidade de que se produza un aumento das temperatura, xa que moitas veces estes animais reúnense para preservar a humidade dos seus corpos, o que os protexe da deshidratación.




7º CANS

Os sentidos agudos dos cans son capaces de percibir, incluso con días e horas de antelación a aparición dun terremoto, e ante a inminencia destes sucesos, estes animais comezan a estar máis nerviosos, inquietos e aprensivos xa que eles senten as vibracións da terra con antelación.



























Comentarios

Entradas populares