Para a parte persoal de este tema vou falar da evolución do ser humano mencionando todas as distintas especies de hominidos que viviron no pasado ata evolucionar a como somos hoxe en día.
Ardipithecus
Viviu no leste de África hai entre 4 e 6 millóns de anos. A forma dos ósos dos dedos fósiles suxire que camiñaba erguido. Ardipithecus deu orixe a Australopithecus, un xénero que inclúe varias especies que viviron hai entre 4 millóns e 1 millón de anos. Tanto Ardipithecus como Australopithecus teñen brazos longos, patas curtas e cerebros máis pequenos en comparación cos humanos modernos.
Australopithecus anamensis
Existiu hai entre 4,2 e 3,9 millóns de anos. Esta especie evolucionou a partir de Ardipithecus, tiña unha postura erguida e era bípede, aínda que tamén puido buscar comida nas árbores. Así, o bipedismo ocorreu no inicio da evolución humana.
Australopithecus afarensis
Probablemente evolucionou directamente a partir de Australopithecus anamensis. Moitos restos esqueléticos fósiles deste grupo foron descubertos en África, incluíndo un esqueleto notablemente completo de 3,2 millóns de anos chamado Lucy. Tiñan un cerebro relativamente pequeno, unhas cellas pronunciadas e unha mandíbula saínte con grandes dentes caninos.
Homo habilis
É o primeiro homínido que tiña suficientes características exclusivamente humanas para ser colocado no mesmo xénero que os humanos modernos. O xénero Homo caracterízase pola súa capacidade para desenvolver ferramentas de pedra, e a primeira delas existía en África hai 2,2 millóns de anos. A súa capacidade cranial non superaba os 800 cm3 e tiña premolares e molares máis pequenos que os dos australopiteccus.
Homo ergaster
Crese que evolucionou a partir de habilis. O Homo ergaster foi a primeira especie humana que abandonou África hai 1,8 millóns de anos e colonizou outros territorios, grazas ao cal serviu á súa vez de nexo entre outras dúas especies futuras: Homo erectus (en China e Extremo Oriente) e Homo cepranensis ou Homo antecessor (en Europa).
Homo erectus
Habitou en Asia hai 1,8 millóns de anos, ata a súa extinción hai 300.000 anos. Cubriuse con peles de animais e facía diversos utensilios de pedra, ademais de cociñar a súa comida, xa que foi capaz de empregar o lume. Isto imprimiría cambios profundos nos seus músculos e no seu sistema dixestivo.
Homo antecessor
Máis altos e cun cerebro aínda máis pequeno en comparación co Homo sapiens, foron o primeiro vínculo humano europeo. Existiu desde hai uns 1,2 millóns de anos ata hai 800.000 anos. Os sitios onde se atoparon fósiles do Homo antecessor mostran numerosos cortes en ósos humanos, o que suxire que estes primeiros humanos practicaban o canibalismo.
Homo neanderthalensis
Habitou en Europa, Oriente Medio e Asia Central hai entre 250.000 e 28.000 anos, e a súa extinción produciuse por causas descoñecidas. Hoxe en día moitos humanos teñen índices xenéticos de Homo neanderthalensis, polo que se cree que houbo un cruzamento entre especies. Os neandertais tiñan unha complexión curta e fornida, os seus cerebros e dentes dianteiros eran máis grandes que os dos humanos modernos e tiñan grandes cavidades nasais.
Homo sapiens
É o ser humano tal e como o coñecemos e xurdiu en 2 tipos. Os humanos premodernos, cuxos cranios aínda non eran completamente esféricos, tiñan unha fronte vertical e unha bóveda alta, e habitaban África hai entre 315.000 e 100.000 anos. Os humanos modernos estaban dotados de comportamento e fisionomía modernos, e os primeiros restos datan de hai entre 195.000 e 140.000 anos.
Comentarios
Publicar un comentario