Tema 4 - Actividades
1) Resume nun decálogo os hábitos saudables que se mencionan nos apuntes de clase.
1. Seguir unha dieta adecuada, tomando unha inxesta abundante de auga. Importante levar unha correcta distribución de comidas e comer amodo.
2. Cuidar da hixene para evitar enfermidades infecciosas dos aparellos dixestivo, respiratorio e urinario.
3. Facer exercicio físico a diario.
4. Non fumar e limitar a inxesta de alcol.
5. Evitar a exposición ás infeccións e á tensión.
6. Control periódico da saúde, especialmente a colesterolemia e a tensión arterial.
7. Evitar situacións de risco de lesión medular ou cerebral, tomando ademais precaucións.
8. Evitar o consumo de drogas.
9. Reducir as situacións de tensións no traballo ou na familia.
10. Hixiene persoal: lavarse a zona xenital con frecuencia, especialmente as mulleres durante a menstruación.
6) O prospecto dos medicamentos contén información de interese que convén ler a pesar do árido da terminoloxía (e a súa minúscula letra).
O Ibuprofeno é un fármaco antiinflamatorio non esteroideo de uso bastante corrente e presenta case sempre nos nosos fogares. Utilizando un extracto do prospecto deste fármaco, responde as cuestións:
a) Que significa antiinflamatorio non esteroideo? Os antiinflamatorios non esteroideos (abreviados AINE) son un grupo variado e químicamente heteroxéneo de fármacos principalmente antiinflamatorios, analxésicos e antipiréticos, polo que reducen os síntomas da inflamación, a dor e a febre respectivamente. Os antiinflamatorios naturais, segregados polo propio organismo, son os derivados dos corticoides, sustancias de orixe esteroideo de potente acción antiinflamatoria, pero con importantes efectos secundarios.
b) Escribe dous nomes comerciais do ibuprofeno. Dalsy®, Espidifen®.
c) Calcula a dose diaria que deberá tomar un neno de 7 anos e 24 Kg de peso. Indica tamén como se reparte esta dose ao longo do día. 600 mg. 1 comprimido cada 6-8 horas
d) Se a presentación do ibuprofeno fóra en comprimidos de 600 mg, calcula o número deles que debería tomar ao día unha persoa adulta. 1 comprimido cada 12 horas
e) Por que se recomenda tomar este medicamento durante as comidas ou inmediatamente despois delas? Para protexer ao estómago
f) Argumenta se este medicamento pódeo tomar unha persoa con úlcera de estómago ou unha muller durante o terceiro mes de embarazo. Non, porque os AINE afectan a parde do estómago, polo que unha persoa con úlcera pode aumentar o daño. Cando unha muller está embarazada NON se recomenda a administración de ningún medicamento do tipo Ibuprofeno durante o primeiro e segundo trimestre do embarazo. Este fármaco pode aumentar o risco de que o feto sufra anomalías conxénitas e abortos, polo que se debe consultar co médico antes de tomalo
g) Cal é a diferenza entre contraindicación e efecto secundario adverso. En farmacoterapia, un efecto secundario é calquera evento diferente da acción terapéutica buscada (efecto clínico) que pode ou non ser razón de retiro da terapia farmacolóxica. Nun medicamento, unha contraindicación forma parte do tratamento médico, é unha prescrición respecto dunha situación que debe evitarse, como realizar outro procedemento médico ou á administración dunha ou varias medicacións ou drogas (ou ao combinarse con outras), que incrementa os riscos de empeorar os síntomas ou a condición particular do paciente, podendo ser incluso a morte.
h) Se se che esqueceu tomar a dose correspondente, Podes compensalo cunha dose dobre? Non, porque está pautados no tempo o número de comprimidos pero tamén a cantidade do medicamento en miligramos.
7) Para evitar os posibles danos que un fármaco poida xerar no organismo dun enfermo por mor da súa toxicidade, administranse nas doses adecuadas e ademais deben eliminarse facilmente polos ouriños. Esta é a razón pola que permanecen pouco tempo no plasma sanguíneo, tal como pódese ver na seguinte gráfica, na que se mostran os datos obtidos da análise de sangue tras a administración dun antibiótico)
a) Interpreta a gráfica.
A penicilina presenta a máxima concentración no sangue á media hora da administración. A partir da 1ª hora o descenso da concentración é rápido, chega a desaparecer do sangue antes das 3 horas
b) Por que é necesario repetir a dose de antibiótico nos prazos prescritos en cada paso?
Porque co paso do tempo o antibiótico é elimnado polos ouriños, xa no está no sangue para a seu transporte ao lugar onde ten que facer o efecto antibiótico
c) Explica a razón pola que se deben finalizar os tratamentos con antibióticos, aínda que desapareceran os síntomas.
Porque pode quedar poboación bacteriana que non produce síntomas pero que si deixamos de administrar o antibiótico poden producir unha reinfección.
d) Que é o principio activo dun medicamento?
A sustancia química que produce o efecto terapeútico.
e) Comenta a seguinte afirmación: Menos do 1 % dos fármacos que se comercializan van dirixidos a enfermidades propias dos países en vías de desenvolvemento.
As empresas farmaceúticas teñen ánimo de lucro, polo que si un medicamento non produce unha rentabilidade axeitada non se comercializa
f) Que é a vía parenteral de administración dun medicamento e que modalidades inclúe?
A administración mediante inxección (por vía parenteral) inclúe as seguintes vías de administración: subcutánea (baixo a pel), intramuscular (nun músculo), intravenosa (nunha vea) e intratecal (ao redor da medula espinal)
10) Non calquera antibiótico é útil para eliminar a calquera tipo de bacteria. Para cerciorarse de cal é o antibiótico máis adecuada en cada caso realízase un antibiograma. Esta consiste en sementar a bacteria nunha placa de cultivo e colocar sobre o cultivo discos de papel de filtro impregnados con diferentes antibióticos. Así se pode determinar cal deles é máis eficaz.
a) Razoa que antibiótico é o máis adecuado para o tratamento desta infección. O antibiótico máis eficaz é o A4 pois limita o crecemento das bacterias dun xeito claramente mellor que os outros antibióticos (a zona gris indica que non hai crecemento).
b) Deduce o que pasaría se o tratamento faise cun antibiótico diferente. O resultado sería máis lento e incluso co algún dos outros non habería unha resposta eficaz e a infección persistiría.
c) Que efecto produciría un antibiótico se a enfermidade non estivese ocasionada por unha bacteria? Ningún, os antibiótico son únicamente válidos para infeccións bacterianas.
d) Como se poden evitar as resistencias aos antibióticos? Administrando os antibióticos de forma rigorosa e seguindo sempre a pauta indicada.
11) Tendo en conta estes tres resultados de analítica de sangue:
a) Que problema detéctase en cada un deles? A analítica A amosa un doente con exceso de glicosa e colesterol, o ácido úrico levemente elevado. E un número excesivo de eritrocitos. No caso do doente B ten un déficit de ferro e eritrocitos igual que no caso do doente Cm que amais ten un número de leucocitos mais elevado do normal.
b) Sinala as causas que provocan estas enfermidades. No caso de A pode ser a diabetes (déficit da hormona insulina), no caso de B pode tratarse de anemis, e no caso C unha infección.
c) Que significa colesterol bo e colesterol malo? O LDL, ou lipoproteínas de baixa densidade, é chamado ás veces colesterol malo. Leva colesterol que pode pegarse ás arterias, acumularse no revestimento dos vasos sanguíneos, e ás veces, bloquear o fluxo de sangue. O HDL, ou lipoproteínas de alta densidade, é chamado ás veces colesterol bo.
d) Que é a taxa de hematocrito? Explica a razón pola que se inclúe este parámetro nas análises de sangue para loitar contra a dopaxe no deporte. A taxa de hematocrito é a porcentaxe do volume total de sangue formado por glóbulos vermellos. Determínase cunha simple análise de sangue. Desterminadas formas de dopaxe aumentan de forma artificial o número de eritrocitos para acadar unha maior resistencia e aporte de osíxeno aos tecidos, por iso se controla esa taxa para detectar ese incremento de eritrocitos.
e) Existen dous modos de aumentar a taxa de hematocrito dun deportista: a autotransfusión e a administración de EPO. Explica en que consisten cada unha delas. Autotransfusión: consiste na extracción do sangue do deportista semanas antes dunha proba deportiva, separar os eritrocitos e realizar a tranfusión dos mesmos días antes da proba deportiva. Administración de EPO: a eritropoyetina é a hormona que facilita a síntese de eritrocitos, si administramos artificialmente esta hormona incrementamos a síntese de eritrocitos.

Comentarios
Publicar un comentario