Tema 4 - Resumo

 



A saúde é o estado de completo benestar físico, mental e social, e non só a ausencia de enfermidades. Polo que unha enfermidade dase cando algún de estes factores falla.

A saúde dividese en 2 factores:

  • Os factores endoxenos que son aqueles que se producen nos nosos xenes.
  • Os factores esoxenos son aqueles que se producen no exterior. (medio, dieta, clima, hábitos de vida, sistema sanitario...) 

A esperanza d vida dunha persoa é estadisticamente a cantidade de anos que viva unha persoa nunha zona determinada. 

Para poder aumentar a esperanza de vida de alguen tense que aumentar a prevención, que son os mecanismos para evitar a aparición de enfermidades. Esto podese conseguir de diferentes maneiras:

- Medidas hixiénicas: A hixiene é o conxunto de coñecementos e técnicas que aplican as persoas para o control de factores que poden exercer efectos nocivos sobre a saúde. Establecese a nivel individual e a nivel público.


- Tratamento dos alimentos: tendo en conta que o aparello dixestivo é unha posible vía de entrada de patóxenos e tóxicos, ademais da auga, é conveniente garantir a salubridade dos alimentos.

- Tratamento dos residuos: as augas residuais procedentes do uso industrial ou doméstico da auga corrente han de ser debidamente conducidas ás E.D.A.R. (estacións depuradoras de augas residuais), onde se someten a un proceso de depuración para retirar os compoñentes contaminantes antes de ser devoltas ao medio.


HÁBITOS SAUDABLES

Os hábitos saudables son o conxunto de conductas que teñen influencia positiva na saúde.


Podense clasificar en diferentes categorias:

  • Nutrición:
- Dieta adecuada                                                     
- Hixiene
-Exercicio fisico
- Evitar exposición a infeccións
- Control periódico da saúde
  • Saúde mental
- Dieta
- Exercicio mental e fisico
- Descanso suficiente
- Tomar precaucións
- Evitar drogas e alcol
- Coidar as relacións
  • Aparello locomotor
- Peso adecuado
- Exercicio
- Previr traumatismos
- Dieta adecuada
- Evitar grandes pesos nas costas
- Bos habitos posturales
  • Sexualidade
- Hixiene persoal
- Revisións co xinecólogo ou urólogo 
- Métodos anticonceptivos





SISTEMA INMUNOLOXICO

É inevitable o contacto do organismo con microorganismos patóxenos e sustancias estrañas existentes no aire, a auga, os alimentos e distintas superficies. Para iso, o noso corpo desenvolve unha serie de mecanismos que evitan a súa entrada e proliferación. Estes mecanismos agrúpanse en barreiras e defensas.

As barreiras impiden a entrada ao organismo de microorganismos patóxenos ou sustancias estrañas. E as defensas son as que actúan a través dos órganos, células e sustancias do sistema inmunolóxico para evitar a proliferación dos patóxenos, así como a súa eliminación, unha vez que conseguiron superar as barreiras internas ou externas a través de feridas.


DIAGNOSTICO

O diagnostico é o procedemento polo cal se identifica a enfermidade que afecta a un paciente.


A CIRURXIA

A cirurxia é a parte da medicina que pretende curar enfermidades mediante unha operación.



Estudos preoperatorios: conxunto de técnicas diagnósticas e tratamentos previos necesarios para minimizar os riscos que implica unha operación cirúrxica e a anestesia previa.

Anestesia: administración dun fármaco (anestésico) para eliminar a dor durante a intervención cirúrxica. Intervén un especialista médico que é o anestesista e pode ser: 

  1. Local, se se elimina a sensación de dor nunha parte reducida do organismo.
  2. Rexional, no caso de afectar a unha zona relativamente ampla do corpo. 
  3. Total, cando afecta a todo o corpo e o paciente perde a consciencia.

Tratamento postoperatorio: serie de coidados que buscan a reanimación e a recuperación do paciente tras a operación. Pode requirir un ingreso hospitalario ou non como no caso da cirurxía ambulatoria. 


O SISTEMA SANITARIO

O sistema sanitario é a forma mediante a cal un país organiza e financia a protección da saúde a través da prevención e a prestación dos servizos médicos aos seus cidadáns. É un axente determinante na saúde pública, xunto co estilo de vida e os factores biolóxicos ou ambientais.

O sistema sanitario español caracterízase por dar cobertura universal, financiarse a través de impostos e garantir a igualdade de acceso a recursos e servizos.

 







































































Comentarios

Entradas populares