Tema 4 - Traballo persoal



 COLETIATIASIS

Fai uns anos tuven unha enfermidade chamada "colelitiasis" asi que para o traballo persoal deste tema vou a explicar un pouco o que é e o que pode ocasionar.

QUE É?

A vesícula biliar é un órgano en forma de bolsa situado na parte inferior do fígado e unido a el. A vesícula almacena a bile, unha substancia producida polo fígado. Basicamente, despois de comer alimentos, a vesícula biliar contraese liberando bile ao intestino, a través do conducto biliar. Esta bile mestúrase co contido do estómago e facilita a dixestión dalgúns alimentos, especialmente as graxas.


Os cálculos biliares son partículas sólidas que se desenvolven na vesícula biliar a partir da cristalización da bile.


Esto pode provocar unha serie de complicacións como:

 - Cólico hepático: dor aguda, localizada na parte central superior do abdome, por debaixo das costelas e ás veces tamén cara ás costas. Moitas veces vai acompañado de náuseas ou vómitos. Isto débese a que unha das pedras impide que a bile saia.


- Colecistite aguda: ás veces a persistencia da situación de cólico hepático leva a unha inflamación da vesícula biliar, que con frecuencia acaba infectando. Esta situación require ingreso hospitalario e ás veces cirurxía urxente.

- Pancreatite aguda: é a inflamación do páncreas causada por unha obstrución do conducto pancreático, que desemboca no conducto biliar común, por unha pedra. 

- Ictericia: se os cálculos biliares pasan ao conducto biliar común poden provocar unha obstrución do mesmo e entón está presente a ictericia. Adoita ir acompañado de cólicos hepáticos e ás veces pode aparecer unha infección chamada colanxite.

DIAGNÓSTICO 

O diagnóstico da colelitiase realízase mediante unha ecografía e ás veces, se hai sospeita de pedras no conducto biliar, pódese realizar unha resonancia magnética.










TRATAMENTO

O tratamento para a colelitiase é a cirurxía sacando a vesícula biliar . Hoxe realízase por vía laparoscópica.

Esta técnica é mínimamente invasiva e só require tres ou catro pequenas feridas. Normalmente a través da ferida do ombligo insírese a cámara de vídeo, e fanse dúas pequenas incisións máis para introducir os instrumentos necesarios para a colecistectomía.

Practicamente todos os pacientes poden recibir o alta ao día seguinte da intervención. Finalmente despois de volver para a casa recoméndase unha dieta baixa en graxas, pero despois duns días xa se pode seguir unha dieta libre.












































































Comentarios

Entradas populares