Tema 6 - Resumo
A REVOLUCIÓN DAS TIC
Nos anos 70 dase unha revolución telemática que fai aparecer os primeiros sistemas de información, que son:
Sistema analóxico: é aquel no cal as magnitudes para tratar a información represéntanse mediante variables continuas.
Sistema dixital: emplea magnitudes para tratar a información que se representan mediante variables discretas, só poden tomar uns valores fixos predeterminados en momentos discretos.
Nestos sistemas empregase unha linguaxe ou código binario que, é un sistema numérico no que os números se representan usando só dúas cifras: 0 e 1.
Os ordenadores
Son os dispositivos capaces de procesar datos e información, cando a reciben realizan cálculos e a gran velocidade, e sempre en código binario.
Ten 2 compoñentes principais: o hardware e o software.
- O hardware: parte física dun ordenador, inclúe cableado e outros compoñentes electrónicos, como o microprocesador, a placa base, os dispositivos de almacenamento, o sistema de alimentación e os periféricos.
- O software: son as aplicacións e o sistema operativo que permiten a un ordenador realizar tarefas, gracias ao sistema operativo, BIOS, controladores ou controladores e programas ou aplicacións.
Internet
Internet é unha agrupación de ordenadores distribuídos por todo o mundo, funciona como unha gran rede que podee interactuar compartindo información e recursos.
Internet é unha enorme rede informática en donde como en todas existen dous tipos de ordenadores:
- Servidores, especializados en almacenar grandes cantidades de información.
- Clientes, xestionados polos usuarios.
Conectámonos a unha rede local a través dun provedor de servizos de Internet, este conéctase a outras redes. A comunicación entre ordenadores require unha serie de protocolos que regulen as conexións entre ordenadores e o intercambio de datos.
Os enderezos URL son os caracteres utilizados para atopar un recurso en Internet.
A pesar de todo, internet tamén ten algún inconvintes como:
- Sobrecarga de información: o crecemento da rede dificulta busca de información
- Ciberdelincuencia: que implica o uso de tecnoloxías informáticas e inclúe delitos contra privacidade, propiedade económica e intelectual
- Virus, spyware, phishing, spam, etc.
Redes sociais
As redes sociais máis utilizadas en España son: Facebook, Twitter, Instagram e TikTok.
Tamén levan unha serie de defectos se se usan de forma incorrecta:
- Perda de privacidade
- Acceso a contidos inadecuados
- Perda de contacto directo
- Acoso
- Adicción
- Fraude de identidade
- Delitos contra os dereitos de autor








Comentarios
Publicar un comentario