Tema 5 - Resumo
A REVOLUCIÓN XENÉTICA
A revolución xenética é o tratamento a enfermidades xenéticas, que se basea en cambiar xenes defectuosos e que causan efermidades por outros novos que estean sanos.
A materia viva distinguese da materia inerte porque pode facer as 3 funcións vitais: nutrición, relación e reprodución. A mais importante delas é a reprodución na que se transmite o ADN.O ADN é o ácido desoxirribonucleico, e é o portador da información heriditaria. A súa estructura básica é unha dobre hélice.
O ADN transmitese dende o punto de vista da evolución e o da xenética mendeliana (por Mendel) gracias as 3 leis de mendel: principio de uniformidade, principio de segregación e principio de transmisión independente.
A estructura do ADN presentase de 2 formas dependendo do ciclo da vida da célula, pode aparecer en forma de cromatina (que se enrola gracias as sitonas), cando se vai dividir a cromatina transformase en cromosomas que se dividen en 46, dando 23 pares. Polo que a célula nai da 23 pares de cromosomas, 22 autosomas e 1 XX/XY.
Nas células xerminais producese un proceso denominado meiose en donde a célula se divide para que cada gameto teña 23 cromosomas e despois cando se produzca a fecundación o feto teña 46 cromosomas en total.
BIOTECNOLOXIA
A biotecnoloxía é a manipulación dos seres vivos para obter algún producto. Utiliza 3 tipos de ferramentas para que esto sexa posible:
- Enzimas para cortar o ADN
- ADN cigasa, que é un enzima que pega o ADN
- Plamidos, que son fragmentos extra de ADN que teñen as bacterias
- Transxenia: consiste en introducir un xene alleo no ADN para mellor as súas características, como nas OMX.
- Células nai: realízase un cultivo e diferenciación, podese fabricar calquera tecido usando: células embrionarias, cordón umbilicais ou xenes víricos xunto con outras substacias.
- Clonación: consiste en realizar copias idénticas de seres vivos, estas copias podense facer a través de embrións ou por transferencias do núcleo dunha célula adulta como no caso da ovella Dolly.
- Terapia xénica: consiste nunha inclusión de xenes para "reparar" o xenoma do paciente. Pode ser "in vivo", é dicir, o liposoma con ADN recombinante co xene sano; e a terapia "in vitro" que se trata dunha inxección de adenovirus co xene sano.
- Pegada xenética: consiste na repetición de STR. No cal collemos fragmentos pequenos do ADN que se repiten nos cromosomas e comparamos por electrotoresis os STR de diferentes individuos para ver similitudes.










Comentarios
Publicar un comentario